Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

Xogos de fútbol de fantasía

O termo «fútbol de fantasía» refírese ó tipo de xogo onde tentas simular o rendimento de xogadores na vida real. Isto funciona así, creas un equipo de fútbol fantasía, o metes na súa liga, escolles os teus xogadores e consegues puntos pola actuación destes xogadores na vida real.

Algúns exemplos destes xogos son:- O Comunio
- A Liga Fantasy Marca
- O Biwenger
- O Futmondo
Un xogo de fútbol fantasía reflexa o mundo real. Se o teu xogador marca gol, sacas puntos. Se lle sacan vermella, restas puntos. Se marcha de farra e non chega ó adestramentos, pois... Para triunfar, tes que estar ó día das novas deportiva, almorzar co As, o Marca, o Sport e o Mundo Deportivo, e controla que xogadores están convocados ou lesionados.

Seica é o Hattrick un xogo de fútbol de fantasía?

Pois sí, o Hattrick pódese definir como un xogo de mánager, pero tamén éche un xogo de fantasía futbolístico, xa que todos os equipos e xogadores sonche ficción e só existen dentro do mundo hattriqueiro. Son os xogadores os que bautizan ós seus equipos, confeccionan o plantel e compiten no Hattrick contra outros mánagers tamén reais. As tempadas non se corresponden coa vida real, senón que seguen o seu propio ritmo.

No Hattrick non che hai xogadores reais, e cada xogador é único e irrepetible, dende que o descubre o ollador de xuvenís ata que se retira. Neste sentido, o Hattrick éche un xogo de fútbol fantasía, no cal poderás darlle forma ó teu propio mundo futbolístico.

Hattrick é un xogo tipo mánager gratis. Nunca che custará diñeiro comezar ou ter un equipo, e nunca te poñeremos en desvantaxe no xogo por iso. Nembargantes, é posible mellorar a túa conta chegando a ser Hattrick Supporter, que che dará unhas ferramentas adicionais para a análise, para personalizar teu equipo e para interactuar con outros mánagers.
 
Server 070